luns, 17 de marzo de 2014

EnSaiAnDo LoCAs hiStOriAs





Hai historias que non teñen pés nin cabeza...E que ben nos veñen para facer teatro! Desde hai un mes nos adicamos a darlle vida a lerias disparatadas, non vos podemos adiantar moito mais xa que ao final do curso algunhas delas vos queremos contar!
Deixade a vosa imaxinación voar e que cada un invente o que anda a pasar nestas locas historias coas que andamos a xogar!

CoiDado cOa bRuXa!

Aqui vos deixo unhas fotiños dun xogo que lles gusta moito as teatreiras pequenas.. A bruxa venenosa! Mentres a bruxa feitiza a unha cómplice, o resto das participantes, están durmidas. Cando unha delas sinte que a bruxa lle toca... Esa é a chamada para sembrar o pánico! Todas espertan cando comeza a soar unha música de fondo. Como boas amigas, comezan a darse a man unhas a outras ao son da melodía... Pero coidado! Porque se che apretan  a man mais forte, estarás envenenada e quedarás profundamente durmida. Se o resto desconfía, pode acusar a cómplice de bruxa e asi ata que se descubre que é a malvada.