sábado, 21 de xuño de 2014

EsCoLa De TeAtRO SalEsiAnOs





Con moita ilusión, ganas de seguir medrando, aprendendo e mellorando queremos que o TEATRO no colexio Salesianos se convirta nun proxecto de tod@s e para tod@s!

Nace coa intención de crear unha compañía formada por diferentes grupos de idades, desde os mais pequenos de  Educación Infantil ata os mais maiores de bacharelato.

Queremos completar todo un proceso de formación nesta arte escénica pero, sobre todo, axudar a medrar con  intelixencia emocional e sensibilidade nesta arte de vivir a vida FELIZ!

venres, 6 de xuño de 2014

ÉxiTo nO EstrENo 5 De XuÑo 2014

Non adianterei ningunha foto do estreno das obras da COMPAÑÍA para que o descubrades en directo na representación. Soamente quería transmitirvos que estou moi orgullosa de todas as ACTRICES, traballaron e esforzáronse moito. As maiores duplicaron ensaios, as pequenas sacrificaron recreos... un esforzo que se notou onte no escenario.  Os compañeiros de primaria totalmente inmersos nas dúas obras, nas críticas de hoxe destacaba o entusiasmo... felicitacións, aplausos... gratificacións que deixan bo sabor.

E por suposto, tamén houbo fallos, algún técnico de última hora, nervios, despistes no escenario, olvidos... pero eso é precisamente, o que nos fai aprender da realidade! Nas imperfeccións temos unha oportunidade de resolver, sacar unha aprendizaxe e como lle dicía as nenas antes de actúar:

"Se equivoca el que hace" e non pasa nada cando as cousas non saen como esperamos.


Como directora, foi unha sorte poder dirixir estes grupos, un ano de disfrute! As obras foron o broche final pero o verdadeiramente importante sucedeu durante todo o curso, clase a clase na rutina semanal!

MOITAS GRACIAS familias pola vosa colaboración e NORABOA  as miñas nenas teatreiras que son as MellOrEs!!



Déixovos información da próxima  cita para ver as artistas:



¡Estás convidado/a…


…a representación das obras de teatro:
                 “Pecas, Dragonciña e o tesouro” 


“Locas Historias”

 

O martes 10 de xuño ás 17.00h

no teatro do colexio Salesianos.


Se presentará a nova proposta teatral para infantil e primaria no curso 2014/2015


Vos esperamos!